Inicio Carballo ao día Hemeroteca Canle prioritaria da AEPD para comunicar a...

Canle prioritaria da AEPD para comunicar a difusión de contido sensible e solicitar a súa retirada

Martes 27 de setembro do 2022 Benestar

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) dispón dunha Canle prioritaria para comunicar a difusión ilícita de contido sensible, un sistema que ten como obxectivo dar unha resposta rápida en situacións excepcionalmente delicadas, como aquelas que inclúen a difusión de contido sexual ou violento.

Con carácter xeral, os afectados por estas condutas deben dirixirse ao prestador de servizos na internet solicitándolle a retirada de imaxes que están a ser difundidas sen o seu consentimento.

En situacións excepcionalmente delicadas, cando as imaxes inclúan contido sexual ou mostren actos de violencia, poñendo no alto risco os dereitos e liberdades dos afectados, especialmente vítimas de violencia de xénero ou menores, as canles ofrecidas polos prestadores de servizos en liña poden non resultar o suficientemente eficaces e rápidos para evitar a difusión continuada das imaxes.

O obxectivo da Canle prioritaria é facer fronte a estas situacións, establecendo unha vía na que as reclamacións recibidas serán analizadas prioritariamente, permitindo que a Axencia, como Autoridade independente, poida adoptar, se é preciso, medidas urxentes que limiten a continuidade do tratamento dos datos persoais.

Tras a análise da reclamación formulada, a Axencia determinará a posible adopción urxente de medidas cautelares para evitar a continuidade do tratamento dos datos persoais. Por outra banda, a Axencia valorará se corresponde a apertura dun procedemento sancionador contra as persoas que difundisen ese material

Compartir: