Inicio Carballo ao día Hemeroteca O novo centro social de Bértoa, escenario...

O novo centro social de Bértoa, escenario da primeira Feira do emprego e a formación do polígono de Carballo

A Bolsa de Traballo do Concello de Carballo contará co seu propio espazo expositivo

Sábado 24 de setembro do 2022 Promoción Económica

O 28 de setembro celebrarase no Centro Social de Bértoa a primeira edición da Feira do Emprego e a Formación do Polígono de Carballo, patrocinada polo Concello. O evento desenvolverase en horario de mañá e tarde, de 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00. O acceso é libre e non require inscrición previa.

A feira constará de dous espazos:

  • Unha área expositiva onde os centros de formación profesional da zona contarán cun espazo para dar a coñecer a súa oferta formativa e distintas empresas do polígono terán os seus stands para recibir currículos e explicar a súa política de contratación e os procesos de selección que teña abertos.
  • No salón de actos celébrase un intenso programa de actividades (mesas redondas/paneis/conferencias) nas que se tratarán aspectos como a xestión do talento, axudas á contratación, certificados de profesionalidade, etc.

O evento está promovido polos empresarios do polígono e conta co patrocinio do Concello de Carballo, que contará co seu propio espazo expositivo para dar a coñecer o labor de intermediación laboral que vén realizando dende hai dez anos a Bolsa de Traballo (BDT). A relación completa de expositores e o programa de actividades, nos documentos anexos.

Descargas

Compartir: