Inicio Carballo ao día Hemeroteca Silvia Muñiz gañou o Certame de...

CULTURA

Silvia Muñiz gañou o Certame de Monólogos Cómicos do FIOT

Luns 30 de outubro do 2006

O segundo premio foi para Pedro Brandariz, de San Pedro de Nós, co monólogo P.G.U, co que tamén parodiou os problemas dunha persoa con sobrepeso. O monologuista foi premiado con 250 euros. En terceira posición quedou o monólogo O Cura Merino, interpretado por Francisco Campos, de Cuntis, o que lle serviu para conseguir 150 euros de premio.

Remate do FIOT

O Festival Internacinoal Outono de Teatro chega ao seu fin, coa representación das dúas últimas obras do programa. O martes 31, a compañía vasca Tanttaka Teatroa achegará ao Pazo da Cultura El florido pensil, mentres que o mércores, 1 de novembro, será a Compañía de Miguel Narros a que peche o festival con Ay Carmela!, interpretada por Santiago Ramos e Verónica Forqué. As dúas representacións comezarán ás 21.00 horas e as entradas xa están esgotadas.

Compartir: