Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrieritos e Teatro de Malta retoman as...

CULTURA

Arrieritos e Teatro de Malta retoman as representacións do Festival Internacional Outono de Teatro

Venres 27 de outubro do 2006

13 rosas xira en torno ao fusilamento, o 5 de agosto de 1939, de trece mulleres en Madrid, acusadas de cometer un atentado contra un comandante da garda civil, aínda que o único delito fora pertencer ás Juventudes Socialistas Unificadas. O fusilamento destas mulleres quedou gravado na memoria colectiva daqueles que coñeceron o que aconteceu e pasou a formar parte do que era mellor olvidar. Tras a súa morte empezan a ser chamadas as "trece rosas rojas". As trece rosas están interpretadas por actrices, bailarinas de danza contemporánea, bailaoras de flamenco, cantaoras, músicas, todas cunha gran personalidade individual e cun elemento común, son mulleres creadoras. A compañía Arrieritos introduce no festival un espectáculo de danza-teatro de enorme beleza e intensidade dramática na que se fusionan diferentes estilos de danza e música, desde o flamenco ata a danza contemporánea e na que a creación colectiva lle confire unha identidade propia. Unha homenaxe a todas as vítimas da Guerra Civil e de tantas guerras. As intérpretes da obra son Montse Cortés, Antonia Jiménez, Patricia Torrero, Elena Santonja, Tacha González, Patricia Ruz, Lourdes Más, Olga Pericet, Esperanza de la Vega, Ana Romero, Mamen Godoy, Claudia Faci e Sonia González. A escenografía e vestiario corre a cargo de Ana Garay, a iluminación é de Tomás Pérez, a dirección e creación musical é de Héctor González e a adaptación corre a cargo de Florencio Campo e David Picazo. A dirección da obra corresponde, igualmente, a Florencio Campo.
Hazmereir[/i[, de Teatro de Malta, supón unha mirada diferente sobre o conflito. Co grito "a guerra é marabillosa", Teatro de Malta fai un percorrido en clave de clown polos sentimentos que desatan os conflitos armados: desde a Guerra Civil Española, a Segunda Guerra Mundial e a recente Guerra de Irak. Una reflexión sobre a ansia de poder, o protagonismo, o odio, a brutalidade e a ignorancia. Sobre a sede de vinganza que desata a barbarie da guerra. Todo aderezado con música, lentejuelas, baile e revista. Teatro de Malta nace en Albacete no ano 1994 da man da súa directora, Marta Torres. Se algo podemos salientar desta compañía é a súa aposta polos cambios de rexistros das súas producións que chaman a atención por ser arriscados e diferentes. Os intérpretes da obra son Jesús Blanco, Oti Manzano, Paloma Vidal e Yaël Belicha. A escenografía é de Pepe Moreno, a iluminación de Joseba García, o vestiario e sombrerería de Lola Trives, a coreografía de Rosa Calderón, a dirección musical de Tuti Fernández e a produción de Joseba García.

Compartir: