Inicio Carballo ao día Hemeroteca Afaber conmemora o Día Mundial do...

Afaber conmemora o Día Mundial do Alzheimer con tres días de actividades abertas a toda a cidadanía

Sábado 17 de setembro do 2022 Benestar

María Vilariño, Jesús Villar e Mar Barca

María Vilariño, Jesús Villar e Mar Barca

A Asociación de familiares de persoas con alzheimer de Bergantiños (AFABER) unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, e que forma parte Federación Galega e a Confederación Española de Asociaciones de Familiares de Personas con Alzheimer e outras Demencias (CEAFA), conmemora o Día Mundial do Alzheimer con este programa de actos: 

Martes 20 de setembro

  • 19:45 Inauguración do Día Mundial do Alzheimer a cargo da concelleira de Servicios Sociais, Maica Ures, e o presidente de Afaber, Jesús Villar.
  • 20:00 Charla Actuacións ante accidentes na poboación maior, a cargo de Francisco Javier Souto Facal, coordinador de Protección Civil de Carballo.
Mércores 21
  • 10:00 a 13:00 Mesa informativa situada na Rúa Coruña
  • 21:00 Iluminación nocturna de cor verde da casa do concello e xuntanza na Praza do Concello
Domingo 25
  • 12:30 Misa recordo oficiada polo párroco de Carballo Don José García Gondar
  • Acto de sensibilización na igrexa parroquial de San Xoán Bautista

A presentación do cartel cos actos conmemorativos do Día Mundial do Alzheimer tivo lugar o venres 16 de setembro no xardín traseiro do local de Afaber, coa presenza de Jesús M. Villar Antelo, presidente da asociación, e das integrantes da xunta directiva María Vilariño e Mar Barca.

As persoas que desexen máis información ou desexen poden poñerse en contacto con Afaber teñen á súa disposición os teléfonos: 981 758 545 e 625 980 691, así coma o enderezo electrónico afaber@xestion.net

Compartir: