O Concello de Carballo enviou 20.510 cartas informativas sobre a campaña tributaria de IBI, IAE e taxa de lixo comercial
O período voluntario para aboar os recibos será do 15 de setembro ao 21 de novembro, e o prazo de domiciliación está aberto ata o 10 de outubro
Luns 12 de setembro do 2022 Carballo ao día
O 15 de setembro comezará o período voluntario para aboar os recibos correspondentes aos impostos sobre bens inmobles (IBI) e actividades económicas (IAE) e á taxa pola recollida de lixo comercial. Dende o Concello de Carballo téñense remitido aos domicilios un total de 20.510 cartas informativas, 8.280 con información para as persoas que teñen os recibos domiciliados e 12.230 cos recibos de pago para o resto dos/as contribuíntes, que deberán presentalos para poder realizar o pagamento nas oficinas da recadación municipal.
Os padróns foron publicados hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP)e poderán consultarse durante un mes nas oficinas do Servizo de Xestión Tributaria (4º andar da casa do concello) para solucionar posibles erros. Corresponden aos seguintes tributos:
- Imposto sobre bens inmobles de características especiais: 1 recibo por importe de 209.662,26 euros.
- Imposto sobre bens inmobles urbanos: 31.540 recibos por un total de 5.645.488,74 euros.
- Imposto sobre bens inmobles rústicos: 2.716 recibos por 305.351,77 euros.
- Imposto sobre actividades económicas: 347 recibos por 266.250,57 euros, correspondentes a 213.000,05 euros de cota municipal e 53.250,57 de recargo provincial.
- Taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo na modalidade comercial: 1.446 recibos por un total de 263.077,65 euros.
En total, polo tanto, o Concello de Carballo emitirá 36.050 recibos, dos que están domiciliados 14.562 (o 40,39%). As persoas interesadas na domiciliación aínda están a tempo ata o 10 de outubro, e simplemente teñen que presentar a orde correspondente nas oficinas do Servizo de Recadación Municipal.
Para o resto das persoas contribuíntes, os lugares e formas de pagamento son os seguintes:
- Nas oficinas bancarias e nos caixeiros das entidades Abanca e Caixabank, utilizando o documento de pagamento remitido polo Concello.
- A través da banca electrónica de ditas entidades, co código de barras e a referencia que constan no documento de pagamento remitido polo Concello.
- Na pasarela de pagos da web www.carballo.gal, dentro do apartado Centro de Atención Cidadá à Sede Electrónica à Outros servizos à Pago de tributos on-line.
- Presencialmente, nas Oficinas da Recadación Municipal, sitas na Rúa Camiño Novo, 7, entreplanta galerías comerciais (teléfono 981704278; enderezo electrónico: recadacion@carballo.gal), nos seguintes horarios:
-De luns a xoves, de 09:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:30 horas.
-Os venres de 09:00 a 13:30 horas. - A través de transferencia bancaria ou ingreso na conta da entidade ABANCA ES55 2080 0019 5331 1000 0028.
O período voluntario de cobranza dos ditos recibos abranguerá desde o día 15 de setembro do 2022 ata o día 21 de novembro do 2022, incluídos.