Inicio Carballo ao día Hemeroteca A corporación municipal reúnese en...

CONVOCATORIA

A corporación municipal reúnese en sesión plenaria ordinaria o vindeiro luns

Venres 27 de outubro do 2006

Dous dos puntos incluidos na orde do día son os que fan referencia á aprobación da revisión das tarifas da Ordenanza Fiscal nº 10, relativa ás taxas pola prestación do servizo de rede de sumidoiros e depuración de augas residuais, e da revisión das tarifas da Ordenanza Fiscal nº 17, relativa ás taxas polo subministro e acometida á rede xeral de abastecemento de auga potable. A orde do día inclúe, ademáis a aprobación da cesión de uso de local á Cruz Vermella Española, dous informes dos expedientes de xeración de créditos aprobados no 1º e 2º cuatrimestre de 2006 e sobre pagos a xustificar do mesmo período, a aprobación da conta xeral do Concello correspondente ao ano 2005 e unha moción do grupo municipal do PP relativa á construcción dos accesos ao Polígono Industrial.

Compartir: