Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rematan as obras en case 30 quilómetros de...

Rematan as obras en case 30 quilómetros de vías e empeza a preparación do seguinte plan de asfaltados no rural

Luns 12 de setembro do 2022 Carballo ao día

Evencio Ferrero, en Carballo de Arriba

Evencio Ferrero, en Carballo de Arriba

As obras no Sisto e Carballo de Arriba poñen practicamente o punto final ao proxecto de asfaltados executado pola empresa Vázquez y Reino en case 30 quilómetros de vías de nove parroquias do noso concello. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro Luis Lamas fixeron un percorrido por algunhas das últimas actuacións executadas.

O concelleiro e o alcalde, no Sisto

O concelleiro e o alcalde, no Sisto

Os traballos chegarán ao seu final despois de actuar en todas estas vías: Calvelo de Arriba (Sofán), A Fronteira-Calvelo (Sofán), Leboreo (Bértoa), As Regueiras (Lema), O Seixo-Pardiñas (Razo e Lema), Cambrelle-Pardiñas (Razo e Lema), Caxín (Rus), O Espiño-Berdillo (Berdillo), Calvelo-Cornaces (Sofán e Rus), Altiboa-Barbalde (Artes e Rus), Cáparos-San Sadurniño (Rus), Cadavoso (Artes), Guntián-As Bouzas (Sofán), Porto Lago (Bértoa), O Sisto e A Barreira-Cernide (Carballo) e Rúa Neptuno (Razo).

En total, 29.610 metros de pistas e rúas en núcleos rurais de Ardaña, Sofán, Razo, Carballo, Bértoa, Lema, Rus, Artes e Berdillo que se atopaban en malas condicións. As obras consisten na limpeza de gabias e no asfaltado con rego simple, dobre ou triplo, segundo o uso das vías. O investimento acada os 463.791 euros.

Ao tempo que avanzan as obras, o goberno municipal está traballando xa no próximo plan de asfaltados. Coa intención de definir as actuacións necesarias da maneira máis precisa, o propio concelleiro de Obras e Servizos e o alcalde, xunto cos técnicos municipais, levan xa varios días percorrendo os máis de 600 quilómetros de vías asfaltadas que existen no noso concello.

Compartir: