Inicio Carballo ao día Hemeroteca As obras de reurbanización da rúa...

As obras de reurbanización da rúa Chile entran na recta final coa pavimentación da calzada

O proxecto da rúa Lugo empezará en breve e o da rúa Estrela está pendente da autorización de Minas

Sábado 3 de setembro do 2022 Carballo ao día

O alcalde visiou as obras coincidindo coa pavimentación da calzada

O alcalde visiou as obras coincidindo coa pavimentación da calzada

As obras de reurbanización da rúa Chile entran na súa recta final, como puido comprobar o alcalde, Evencio Ferrero, na visita que realizou este venres. A actuación que executa a empresa Gestal y López cun orzamento de 77.106,49 euros, inclúe a renovación dos servizos e a mellora da mobilidade peonil e rodada, e forma parte do plan director de mellora da contorna do balneario, o único en funcionamento da provincia da Coruña. Na xornada deste venres procedeuse á pavimentación da calzada.

Dentro das actuacións encamiñadas a poñer en valor ese recurso extraordinario co que conta o noso concello xa se puxeron en marcha nos últimos meses as obras de reurbanización das rúas Ourense, Baños Vellos e Pontevedra. Agora estamos actuando na rúa Chile e en breve arrincarán tamén as obras na rúa Lugo, adxudicadas a Excavaciones y Obras Candal por 47.446,81 euros. E tamén temos aprobada a consignación orzamentaria para a rúa Estrela, que está pendente da autorización sectorial de Minas, da Xunta de Galicia, por desenvolverse na contorna do balneario. Con esta rúa, que completará o ámbito, o investimento total superará os 700.000 euros.

Compartir: