Inicio Carballo ao día Hemeroteca Traballo confirma un novo Obradoiro de Emprego...

XORNADAS DE SAÚDE LABORAL

Traballo confirma un novo Obradoiro de Emprego para Carballo

Mércores 25 de outubro do 2006

O tenente de alcalde, Xosé Antonio Viña, resaltou a importancia das Xornadas e o "interesante que é estar en contacto con expertos en diversas materias e xente que vive a realidade das empresas día a día". A delegada provincial de Traballo, María Debén, ensalzou a importancia de celebrar as Xornadas "polo contido das mesmas, incidindo na prevención de riscos laborais, e por a quén están dirixidas". O director provincial do INEM, José Manuel Pose Mesura, salientou que "esta zona necesita de empresarios arriscados. Hoxe é doado facer contratos indefinidos, pero necesitamos que a xuventude non escape". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, aludiu á "formación e emprego como fonte de futuro. Esperemos que estas xornadas posibiliten que todos os que están formando parte da Escola Taller de Carballo teñan novas ofertas para o mundo laboral". O encargado de inaugurar as xornadas oficialmente foi o director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenseca, quen incidiu no "papel fundamental dos Concellos para reforzar a orientación profesional e a formación".

Logo da inauguración, o primeiro acto das Xornadas trasladouse ao Centro Municipal de Formación, onde Óscar Cano, experto en sistemas de Xestión de Calidade de GESAN, ofreciu a primeira das charlas. Na xornada de mañán xoves abordaranse oito novos temas. De 09,30 a 11,30 horas será o turno das Fachadas Ventiladas, Procedementos e Cualificacións na homologación de soldadores, Envolventes e Interruptores e a Nova Lexislación de repintado automoción do ano 2007. Os poñentes das catro charlas serán, respectivamente, Juanver Sánchez, arquitecto do Departamento de Deseño de Proexga, Juan Aparicio, delegado de Servicios de Control e Inspeccións, Domingo Rama e Francisco Freire, técnico e delegado da zona de Galicia de Hager Sistemas, e Carlos Iglesias, técnico de Du Pont. De 12,00 a 14,00 horas ofreceranse catro novas ponencias máis: Impermeabilizacións con lamas sintéticas, a cargo de Juan Carlos Giralt, arquitecto do departamento técnico de Alkor Draka Ibérica, Lámpadas Incandescentes, Fluorescentes e Descarga, a cargo de Javier Sánchez, enxeñeiro de producción e marketing de Sli Silvania, Aluminio en Cerramentos, por José Manuel de Barros, xefe técnico da área de rehabilitación e promoción de Aluman e A madeira como elemento estructural, a cargo de Fernando Caramés, arquitecto técnico de Caramés Seoane.

Compartir: