Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo segue alimentando o seu museo de arte...

Carballo segue alimentando o seu museo de arte pública con cinco novas obras co selo da Costa da Morte

Bota unha ollada ás magníficas creacións da edición estival de Derrubando muros con pintura!

Luns 29 de agosto do 2022 Cultura

Hoxe quedaron liberados dos andamios e xa locen en todo o seu esplendor os cinco novos murais que tomaron forma nos últimos días, ao longo da segunda edición de verán de Derrubando muros con pintura. Foron cinco finalmente porque ás propostas individuais de Andrés Urbieta, Nerea Barrientos, Nerea Vilariño e Viki Rivadulla temos que sumar unha obra colectiva dedicada ao pan deseñada por Isa Bermúdez e Nere Rama, que contaron coa colaboración de María Barca, Tamara Calvo, Ramón Lema e Sara Vilariño nun interesante e, á vista está, frutíferon obradoiro de iniciación ao muralismo.

Este ano todos os murais están situados na zona dos Baños Vellos, que foi tamén o escenario das actividades paralelas realizadas durante o festival. Houbo actividades infantís, música, un monólogo e un encontro público coas autores e o autor destas novas obras de arte.



Galería

Compartir: