Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unha vintena de establecementos e descontos de...

DO 26 AO 28 DE AGOSTO, NA RÚA JACINTO AMIGO LERA

Unha vintena de establecementos e descontos de ata o 80% na Feira de Oportunidades impulsada pola Deputación

Luns 22 de agosto do 2022 Promoción Económica

Unha vintena de establecementos participarán do 26 ao 28 deste mes na primeira Feira de Oportunidades impulsada dende a Deputación da Coruña dentro dun programa de dinamización do comercio local nos concellos da provincia de 10.000 a 50.000 habitantes. A Mesa Local de Comercio aprobou no seu momento a adhesión do Concello de Carballo a este novo programa, no que contamos coa colaboración do Centro Comercial Aberto (CCA) para o seu desenvolvemento.

Deste xeito, todo o protagonismo recae no comercio local. Estes son os establecementos participantes, seleccionados polo propio CCA entre os seus asociados: Poppy, Zapatillería Isabel, Necos, Zocas, regalosyregalitos.com, Calzados Susa, Mímate, A fragua, Akira, Style, holaMOBI, Miriñaque, La casita de Lu, O barco dos soños, Atelier, Ferretería Ángel Rama, Cris Zapatería Infantil. Cada un deles contará coa súa propia carpa, e o resto do espazo estará ocupado polos probadores.

A Feira de Oportunidades celebrarase na rúa Jacinto Amigo Lera. Será inaugurada o venres ás 17.00 horas e nesta primeira xornada estará aberta ata as 21.00. Durante a fin de semana o horario será de mañá e tarde: sábado, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, e domingo, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 20.00. Os descontos poden acadar ata o 80%, polo que este evento convértese nunha excelente oportunidade para todo o público.

Compartir: