Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello dotou aos colexios do rural de novos...

ENSINO

O Concello dotou aos colexios do rural de novos xogos adaptados á normativa

Mércores 25 de outubro do 2006

As escolas e colexios onde se levou a cabo a dotación do novo material foron as de Vilela, Praza-Sofán, Gándara-Sofán, Sísamo, Nétoma-Razo, Encrucilladas, Xoane da Estrada, Taboada, Cances, Rega de Bértoa, Mirón, O Moucho, Artes e Gontade. Todos os centros contan cun bambán e un balancín con resortes e os colexios de Nétoma-Razo e Gándara Sofán levan, a maiores, outro bambán e un tobogán. O Concello procedeu á retirada dos anteriores xogos, por motivos de seguridade, e seguiu para a nova dotación os criterios de reparto equitativo e adaptación á normativa.

Compartir: