Inicio Carballo ao día Avisos Llega700 pon en marcha unha nova campaña...

Llega700 pon en marcha unha nova campaña de atención á cidadanía para atender posibles interferencias na TDT durante o proceso de implantación das redes de telefonía 4G e 5G

As persoas afectadas poden chamar ao 900 833 999 para comunicar calquera incidencia. O servizo é gratuíto

Xoves 11 de xaneiro do 2024

As operadoras de telefonía móvil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as próximas semanas realizarán en Carballo o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá á veciñanza gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión. O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pode consultarse a seguinte ligazón: https://www.chega700.es/contacto_mapa.php

O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, do 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 ao 60 de UHF) que ata entón empregábanse para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

Máis e mellor cobertura

A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais, explican dende Llega700. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.

Para garantir esta compatibilidade, Chega700 presta á veciñanza unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o aceso das estacións, polo que Llega700 encargarase de atender ás persoas usuarias afectadas xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo algún. Para xestionar estes servizos, púxose ao dispor da cidadanía o teléfono gratuíto 900 833 999 e a páxina web www.llega700.es

Compartir: