Inicio Carballo ao día Hemeroteca Evaristo Calvo entra na historia do FIOT como...

Evaristo Calvo entra na historia do FIOT como Xograr de Outono 2022

Mércores 3 de agosto do 2022 Cultura

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) outorgará neste 2022 o premio Xograr de Outono a Evaristo Calvo. Deste xeito, o encontro, unha cita de referencia en Galicia e no Estado polo seu traballo a prol da creación de novos públicos e o o fortalecemento da escena, mantén viva a chama da posta en valor e o recoñecemento de figuras imprescindibles do sector cultural galego coa entrega anual dun galardón que quere salientar a traxectoria de profesionais das artes escénicas.

Nesta ocasión, as xograresas e xograreses do FIOT decidiron premiar ao cómico Evaristo Calvo. No seu fallo, o xurado destacou que “Calvo é un histrión de carácter e selo propios que, coa súa enerxía actoral peculiar, a súa agudeza creativa e o seu dilatado oficio, soubo dar vida ás máis inesquecíbeis e orixinais criaturas escénicas, sendo a día de hoxe un dos cómicos de referencia no teatro galego”. O artista recollerá este outono en Carballo, durante a celebración da próxima edición do FIOT, o testemuño da actriz Casilda García Alfaro, galardoada en 2021.

Compartir: