Inicio Carballo ao día Hemeroteca Convocadas dúas prazas de técnico...

EMPREGO PÚBLICO

Convocadas dúas prazas de técnico de Administración Xeral e técnico medio de Administración Xeral

Martes 24 de outubro do 2006

No primeiro dos casos, é requisito estar en posesión do título de licenciado en Dereito, en Ciencias Políticas, Económicas ou Empresariais, Intendente Mercantil ou Actuario, mentres que no segundo é requisito estar en posesión do título de Enxeñeiro Técnico, Diplomado Universitario, Arquitecto Técnico, Formación Profesional de terceiro grado ou equivalente. Considerarase equivalente ao título de Diplomado universitario o ter superado tres cursos completos de licenciatura. As instancias para solicitar tomar parte no proceso selectivo dirixiranse ao ilustrísimo señor alcalde, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello debidamente cubertas, durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de cada convocatoria no Boletín Oficial do Estado (a publicación tivo lugar o 16 de outubro de 2006). As bases da convocatoria poden consultarse nesta mesma páxina.

Compartir: