Inicio Carballo ao día Hemeroteca A campaña de impulso do emprendemento do...

A campaña de impulso do emprendemento do Colexio de Graduados Sociais chega ao Fórum Carballo

Martes 12 de xullo do 2022 Promoción Económica

O Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense ten en marcha unha campaña de ámbito provincial, co financiamento da Deputación da Coruña, para impulsar o emprendemento. O obxectivo da iniciativa é dar a coñecer as ferramentas que os/as graduados/as sociais teñen a disposición de traballadores/as e empresas, poñendo en valor a súa profesión, ademais de fomentar a cultura emprendedora.

A presentación do evento, que se levará a cabo este venres 15, ás 10.00 horas, no Fórum Carballo, correrá a cargo do concelleiro de Innovación, Formación e Emprego, Iván Andrade. No acto participarán tamén a interventora e vogal do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Noelia Tomé Martínez, e o tamén vogal David Doldán Palacios.

Despois da campaña de difusión realizada o ano pasado entre o estudantado, o Colexio de Graduados Sociais quere, segundo explica, "resaltar a importancia que ten a colexiación para os novos actores no mundo laboral, pero aínda que segue tendo gran importancia este apartado, nesta campaña 2022, e o seu comezo no concello de Carballo, a charla divulgativa toma un rumbo diferente, máis asociado ao emprego, os asalariados, as PEMES e aos autónomos, e como os graduados sociais realizan actividades de especial peso nestes asuntos, axudando ao resto de actores a poder realizar con mellores ferramentas os seus labores".

Compartir: