XUSTIZA
O terceiro Xulgado de Carballo comezará a funcionar a finais de ano
Luns 23 de outubro do 2006
A posta en marcha do 3º Xulgado de Carballo levarase a cabo, pois, no prazo establecido pola Consellería de Presidencia seis meses atrás. A carga de traballo dos dous xulgados existentes na actualidade no concello foi o argumento principal para confirmar a posta en marcha dunha terceira sala. Os procesos penais, durante o ano pasado, rozaron a cifra dos 5.000. En abril deste mesmo ano, o director xeral de Xustiza, Antonio Santiago Roura, confirmaba a posta en marcha do 3º Xulgado antes de que rematara o ano, na visita que fixo ás propias instalacións. A financiación das necesidades de persoal e equipamento correrán a cargo da Xunta de Galicia.