Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto do 27 de xuño ao 5 de agosto o...

Aberto do 27 de xuño ao 5 de agosto o prazo de matrícula para utillizar o programa Concilia no curso 2022-23

Luns 27 de xuño do 2022 Benestar

Programa Concilia é unha medida promovida desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

En que consiste
O programa desenvólvese durante o período escolar, e consiste en recoller ás nenas e aos nenos á primeira hora da mañá no seu centro escolar. O obxectivo é responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, cubrindo a necesidade de atención antes do inicio das clases pola mañá con persoas debidamente cualificadas, así como ofrecer o servizo dun almorzo equilibrado.

Servizos que comprende
Servizo de gardaría: As monitoras atenden ao alumnado, garantindo hábitos de hixiene, e ademais realizando actividades de ocio e tempo libre.
Servizo de almorzo: é un servizo opcional para aqueles nenos/as que o soliciten

Horarios do servizo
O servizo préstase de luns a venres os días lectivos dende as 7:00 ata a hora de incorporación ás clases en cada centro. Tamén se ofrece servizo nos períodos vacacionais de Nadal, Entroido, e Semana Santa, nas pontes. Nestas datas o servizo ofrecese no locais habilitados pola empresa que ten a concesión e o número de prazas será de 30.

Prezos

  1. Usuarios/as fixos/as: Con utilización do servizo todos os días: pagarán unha cota mensual de 30,24€ para o servizo de gardería e de 40,75€ no caso de gardería e almorzo.
  1. Con utilización do servicio: 
  • 1  día á semana: servizo de gardería: 7,99 €/mes / servizo de gardería e almorzo: 9,95€/mes
  • 2  días á semana: servizo de gardería: 15,6 €/mes / servizo de gardería e almorzo: 18,38 €/mes
  • 3  días á semana: servizo de gardería: 24,28 €/mes / servizo de gardería e almorzo: 30,37 €/mes
  • 4  días á semana: servizo de gardería: 27,15 €/mes / servizo de gardería e almorzo: 37,73 € /mes
  • Usuarios/as ocasionais: servizo de gardería: 2,02 €/mes / servizo de gardería e almorzo: 2,54 €/mes
  • Nos períodos vacacionais o prezo do servizo será de 8,24€/día

BAREMO PARA A REDUCIÓN NOS PREZOS

A-Situación sociofamiliar:  

  • Familia monoparental. 5 puntos
  • Familia numerosa: 4 puntos
  • Dúas ou máis persoas usuarias do mesmo núcleo familiar: 3 puntos
  • Calquera outra situación familiar valorable: 2 puntos
  B-Situación laboral familiar:  
  • Incompatibilidade para a conciliación laboral-familiar: 5 puntos
  C-Situación económica: 
  • Por renda per cápita mensual menor ou igual á pensión non contributiva: 7 puntos
  • Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 75% do IPREM: 6 puntos
  • Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 125% do IPREM: 5 puntos
  • Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 175% do IPREM: 4 puntos
  • Por renda per cápita maior ao 175% do IPREM: 3 puntos
  D-Permanencia no programa:  
  • Por permanencia do alumno/a no programa o curso anterior (todos os meses e días de duración do programa): 2 puntos
    REDUCIÓN APLICABLE:  
  • Menos de 10 puntos: sen dereito a redución
  • De 10 a 14 puntos: redución do 15%
  • De 15 a 18 puntos: redución do 30%
  • Máis de 18 puntos: redución do 50%

IMPORTANTE!

  • O prazo de matrícula no programa Concilia será do 27 de xuño ao 5 de agosto. Non se admitirán matrículas fóra desas datas para os/as nenos/as que empecen en setembro.ç
  • É importante asinar todos os documentos, tanto a matrícula como as autorizacións.  
  • As prazas son limitadas a 150 no CEIP Fogar e 80 no CEIP Bergantiños, e concederanse por rigorosa orde de inscrición.  
  • Se desexa facer uso do servizo a partir do 1 de setembro deberá entregar o impreso correspondente aos días soltos do mes de setembro que figura entre os anexos.    
  • As solicitudes poden presentarse nos rexistros municipais, na Sede Electrónica do Concello de Carballo o por calquera outro medio válido.
  • As listaxes provisionais publicaranse o día 8 de agosto. Abrirase un prazo de subsanación de 10 días hábiles e o 25 de agosto farase a publicación na páxina web do Concello de Carballo das listaxes definitivas.

SOLICITUDES PARA O PERÍODO 1-7 SETEMBRO

Os/as nenos/as que son usuarios/as do programa Concilia, terán ao seu dispor o servizo durante o período non lectivo de setembro (días 1, 2, 5, 6 e 7) dende a hora de entrada habitual ao servizo até o fin da xornada lectiva do colexio (7:00 a 14:30 horas), co custo adicional establecido na ordenanza municipal de 8,24€ por día, con servizo de almorzo, para aqueles que o utilizan habitualmente, incluído.

O servizo prestarase no Centro de Ocio Bonecos, sito no lugar de Mirón nº 24 Bértoa, onde os pais/nais deberán deixar e recoller aos nenos/as. O número de prazas esta limitado a 30, que se concederán por orde de solicitude. Se desexa utilizar o servizo deberá cubrir a ficha que se achega máis abaixo e entregala xunto coa solicitude de praza. 

MÁIS INFORMACIÓN

Centro de Información á Muller (CIM)
Edificio de Servizos Sociais do Concello de Carballo
Teléfono 981 700 688

Descargas

Compartir: