Inicio Carballo ao día Hemeroteca Presentadas máis de 700...

Presentadas máis de 700 comunicacións previas para a celebración de cachelas en todo o concello

Os establecementos de hostalaría poderán realizar grelladas na vía pública ata o 30 de xuño

Mércores 22 de xuño do 2022 Participación veciñal

Aínda que non acadamos a cifra récord do 2020, no que se superaron as 800, a Policía Local recibiu este ano máis de 700 comunicacións previas para a celebración de cachelas en espazos privados e/ou para a instalación de barbacoas e similares na rúa. No que se refire á hostalaría, os establecementos do sector quedan dispensados ata o día 30 da prohibición de realizar grelladas na vía pública.

As normas para a elaboración das cachelas son as seguintes:

  • As cachelas terán que distar un mínimo de 12 metros de edificacións e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión será de 4 metros, cunha altura máxima de 2.
  • Omateriais a empregar serán materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense os pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC en xeral e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera substancia explosiva. Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.
  • A persoa solicitante terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar os axentes dos Corpos da Policía Local, Protección Civil ou Corpo de Bombeiros. En caso de emerxencia están dispoñibles os seguintes teléfonos: Servizo de Bombeiros (112 / 981758057), Policía Local (981701722) e Protección Civil (981 704048). 

Compartir: