Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello iniciará en breve as obras...

OBRAS

O Concello iniciará en breve as obras complementarias á Fase I da Escola Taller

Xoves 19 de outubro do 2006

As actuacións previstas para o desenvolvemento do proxecto inclúen movemento de terras, cimentación, estructura, albañilería, cubierta, acondicionamento exterior e control e seguridade, sendo as de acondicionamento exterior e albañilería as de máis cantía económica. O prazo de execución das obras complementarias á Fase será de dous meses. Durante o primeiro mes levaranse a cabo os traballos de movemento de terras, cimentación e estructura e o segundo mes os de cuberta e acondicionamento exterior. A actuación de albañilería farase ao longo dos dous meses.

Compartir: