Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Teatro de Rúa ofrece dous...

CULTURA

O Teatro de Rúa ofrece dous espectáculos durante a fin de semana

Mércores 18 de outubro do 2006

O venres día 21 será a vez de Troula Animación, que poñerá en escena Piratas, un espectáculo vivo e intenso que poderá verse en dúas sesións. Unha primeira de 19.00 a 19.45 horas e que sairá da Praza do Concello, e unha segunda función á 1.00 na zona dos Baños Vellos.

O sábado 21 continuará o Teatro de Rúa coa compañía Os sete magníficos máis un e o seu espectáculo Kasting, que se vai celebrar no Centro Comercial Bergantiños-Haley ás 18.30 horas.

Por outra parte, o venres terá lugar no Pazo da Cultura a presentación do número 48 da Revista Galega de Teatro, ás 20.30 horas, e a partir das 23.00 horas a Cervexaría Dublín acollerá a segunda eliminatoria do VI Certame Galego de Dramatización de Monólogos Cómicos Outono de Teatro, que contará con sete participantes de toda Galicia.

O teatro de sala continúa o sábado coa compañía portuguesa Compañía do Chapitô que representará O grande criador e o domingo con Sarabela Teatro e o seu Macbeth.

A venda de bonos, minibonos e entradas continúa no Pazo da Cultura en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas, de luns a venres nas oficinas da Concellaría de Cultura. Os días de función, sábados e domingos, poderanse adquirir entradas de 19.00 a 21.00 horas no despacho de billetes do Pazo da Cultura.

Compartir: