TRÁFICO
Un trailer provocou un corte na travesía principal durante tres horas
Martes 17 de outubro do 2006
Logo de pasar por Laracha, o trailer topuose cos primeiros problemas na rúa Vázquez de Parga, dificultades que se agravaron en Camiño Novo, á altura da rúa Ponte. Debido á estreitez da calzada, o camión quedou atascado e durante tres horas procedeuse á liberación de obstáculos que impedían o tránsito do vehículo. Así, houbo que retirar unha das farolas da travesía e o cartel dun establecemento comercial. Máis dun centenar de persoas presenciaron o operativo disposto para libera ao trailer, que contou coa colaboración da Policía Local e axentes de tráfico. O camión detivo a súa marcha no extrarradio de Carballo para non circular de noite.