Inicio Carballo ao día Hemeroteca Convocadas as Bolsas de Estudos e Transporte para...

ENSINO

Convocadas as Bolsas de Estudos e Transporte para o presente curso escolar

Martes 17 de outubro do 2006

As bolsas para conceder ascenden á cantidade total de 21.360 euros e as axudas distribuiranse do seguinte xeito.

  • Cento dez bolsas de 91 euros para alumnas e alumnos que cursen estudos de Segundo Ciclo de Educación Infantil.
  • Corenta bolsas de 151 euros cada unha para alumnas e alumnos que estén cursando estudos de Primeiro ou Terceiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior, que se distribuirán proporcionalmente ao número de solicitudes presentadas por alumnos e alumnas que cursan estudos secundarios obrigatorios e secundarios postobrigatorios.
  • Cinco bolsas de 602 euros cada unha para estudos de grao medio ou superior.
  • 2300 euros para bolsas de transporte. As bolsas de transporte só as poderán solicitar alumnas e alumnos que cursen estudos que non dispoñan de servizo de transporte gratuito ou aqueles que cursen estudos fóra do municipio de Carballo pola imposibilidade de cursalos neste lugar.

Os criterios de adxudicación das bolsas teñen en conta aspectos tanto económicos como circunstancias especiais das familias (número de membros computables da unidade familiar, minusvalías...) e, no caso de alumnos de educación secundaria non obrigatoria ou superior, as cualificacións académicas. As solicitudes para concorrer a esta convocatoria deberán presentarse no Rexistro Xeral (preferentemente no Rexistro do Pazo da Cultura) do Concello, onde tamén se facilitará o impreso que é necesario cubrir. Estes impresos, así como as Bases da Convocatoria, estarán dispoñibles tamén nos centros educativos de Carballo nos próximos días.

Compartir: