Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo celebrará o...

O Concello de Carballo celebrará o Día do Mercado cun obradoiro de cociña saudable para a rapazada

Sábado 21 de maio do 2022 Mercado Municipal

Carballo participa un ano máis na campaña internacional Quere o teu mercado, coa que se pretende apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas, fomentando así a compra do produto local e a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

Despois de dous anos, a asociación WUWM (World Union of Wholesale Markets) recupera esta iniciativa, que se desenvolve arredor do 27 de maio, Día do Mercado, e que en Galicia está promovida pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta en colaboración cos concellos.

No noso concello, ademais do reparto do material promocional xeral da campaña, a Concellaría de Feiras e Mercados complementa a celebración cun obradoiro de cociña saudable para a rapazada que se desenvolverá o sábado 28, de 11.00 a 12.30 horas, por parte de monitoras profesionais, no propio Mercado Municipal. A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 6 a 10 anos, e hai un máximo de 15 prazas, que se cubrirán por orde de solicitude. As inscricións son gratuítas e poden realizarse no formulario axunto.

Os nenos e nenas participantes elaborarán (e degustarán) un menú saudable con produtos que poden atoparse no noso Mercado Municipal de Abastos.

Ligazóns

Compartir: