Inicio Carballo ao día Hemeroteca Teatro do Noroeste e Titzina Teatre abriron a XV...

CULTURA

Teatro do Noroeste e Titzina Teatre abriron a XV edición do FIOT

Luns 16 de outubro do 2006

O Festival Internacional Outono de Teatro continuará esta semana coa presentación do número 48 da Revista Galega de Teatro. A AC Entre Bambalinas será a encargada, o día 20, de realizar a presentación do último número dunha das revistas de teatro de referencia de Galicia. Ademáis, esta semana está previsto o inicio das emisións dos textos que se presentan ao concurso escolar de teatro lido Xosé Manuel Eirís, ademáis da segunda das semifinais do Certame de Dramatización de Monólogos Cómicos. No tocante ás representacións, o sábado 21 será o turno da compañía portuguesa Chapito, coa obra O grande criador, e o domingo 22 serán os galegos de Sarabela Teatro os que leven ao Pazo da Cultura Macbeth.

A venda de bonos, minibonos e entradas continúa no Pazo da Cultura en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 18,00 a 20,00 horas, de luns a venres nas oficinas da concellería de Cultura. Os días de función, sábados e domingos, poderanse adquirir entradas de 19,00 a 21,00 horas na taquilla do Pazo da Cultura.

Compartir: