A Deputación da Coruña concede unha subvención ao Concello de Carballo para o mantemento de persoal técnico en animación sociocultural
Xoves 12 de maio do 2022
Dentro da convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2022, a Deputación Provincial da Coruña concedeu ao Concello de Carballo unha subvención por importe de 10.000 euros para o mantemento do persoal técnico en animación sociocultural. A resolución, publicada no Boletín Oficial da Provincia do 4 de maio de 2022, pode consultarse na ligazón inferior.