CONVOCATORIA
A Xunta de Goberno Local reúnese en sesión ordinaria o vindeiro luns
Venres 13 de outubro do 2006
Ademáis, inclúese na orde do día unha solicitude de subvención para a realización de estudos técnicos e para dotación de equipamentos, no marco do servizo de televisión dixital terrestre, a dación de conta do acordo de prórroga do Convenio de cooperación para o desenvolvemento de programas de tratamento de drogodependencias entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Carballo, e a aprobación do convenio de colaboración entre a Caixa de Aforros de Galicia e o Concello de Carballo para a construcción do edificio principal da Casa dos Oficios. Tamén figuran na orde do día a autorización de dous vaos permanentes nas rúas Vázquez de Parga e Ramón y Cajal, a aprobación do expediente de contratación da obra Proxecto de urbanización da travesía entre as rúas Pan e Lirios e a adxudicación do expediente de contratación da obra Construcción dunha rotonda entre as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa.