Inicio Carballo ao día Avisos Aberta ao tránsito peonil a nova ponte do...

Aberta ao tránsito peonil a nova ponte do Parque do Anllóns

Mércores 4 de maio do 2022

Este 4 de maio quedou aberta ao tránsito peonil a nova ponte do Parque do Anllóns, ata a cal se achegaron a concelleira de Planificación e Estratexia Urbana, Milagros Lantes; o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, o de Deporte e Cultura, Marcos Trigo, e o xefe da Brigada Municipal de Obras, Manuel Mariño.

A pasarela, de 16 metros de lonxitude e 2,19 de anchura, non só soluciona os problemas de accesibilidade e mantemento que tiña a anterior, senón que tamén se axusta á necesidade de acometer actuacións que permitan reducir o risco de inundación nas beiras do Anllóns. Neste sentido, o deseño respecta estritamente ás indicacións de Augas de Galicia.

Nese sentido, o deseño respecta estritamente ás indicacións de Augas de Galicia con respecto á sección do río. Así, a estrutura metálica, máis sólida e lixeira, permite elevala. Ao eliminar a base de madeira, a altura con respecto á canle fluvial aumenta ata os 3,40 metros na parte central e os 2,12 nos laterais. Así mesmo, a pasarela dispón dunha serie de barras verticais espaciadas para cumprir os criterios de seguridade impostos polo código técnico da edificación.

Compartir: