Inicio Carballo ao día Hemeroteca A organización do circuito nacional de...

DEPORTE

A organización do circuito nacional de volei-praia emite un informe moi satisfactorio sobre a proba celebrada en Razo

Martes 10 de outubro do 2006

En relación aos datos de participación aportados pola organización, na proba de Razo competiron un total de 86 parellas, 50 en categoría masculina e 36 en categoría feminina, superando a participación doutros areais como Roses e Ayamonte. En canto á asistencia de público, Razo contou cun total de 7.500 de espectadores ao longo da fin de semana en que se celebrou a proba. Estímanse un total de 1.200 espectadores que disfrutaron do evento desde as gradas, 2.800 que asistiron ao mesmo e 3.500 persoas que transitaron pola praia no momento da celebración das probas. O número de asistentes a Razo só foi superado polos areais de Gijón, Roses e Laredo, a houbo moita máis xente que en Castellón e Ayamonte. A audiencia nos medios de comunicación en Carballo foi moi superior ás das probas de Almería e Ayamonte e situose en baremos parecidos aos de Castellón e Gijón.

Compartir: