CULTURA
Os alumnos de Primaria do concello disfrutan do programa ‘A Culturaeduca’
Martes 10 de outubro do 2006
A cabana de Babaiagá trátase dun proxecto no que a música e a narración oral convidan a saír da vida cotiá, da seguridade, e viaxar na procura do perigo, da aventura, da cabana da bruxa Babaiagá, a través das palabras e das pezas dos máis prestixiosos compositores rusos dos séculos XIX e XX. A historia de Natasha e da bruxa Babaiagá fala doutras terras, doutros costumes e de cómo a valentía e a loita por romper límites e por se introducir no terreo do descoñecido ten a súa recompensa nunha aprendizaxe que permite coñecerse un pouco máis a un mesmo. Neste conto hai contidos transversais importantes na educación dos nenos e nenas, como favorecer a integración de colectivos doutras etnias e cultura na nosa, o coñecemento das tradicións doutras culturas -neste caso a rusa- para ser conscientes de que poden enriquecer a nosa, a valoración da aprendizaxe como unha experiencia positiva que nos permite enfrontarnos aos obstáculos que imos atopando, a figura da nena como heroína que demostra ter valor e resolución, o destacamento de cualidades como a xenerosidade, a perseveranza ou a sensibilidade ante os problemas dos outros e a inclusión da música como arte comunicativa no imaxinario auditivo infantil.