Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Brigada Municipal de Obras pon a punto...

A Brigada Municipal de Obras pon a punto distintos elementos do patrimonio etnográfico

Veciñanza e visitantes xa puideron desfrutar durante a Semana Santa de espazos naturais e áreas recreativas

Mércores 20 de abril do 2022 Carballo ao día

O xefe da Brigada Municipal de Obras e o alcalde, no Outón

O xefe da Brigada Municipal de Obras e o alcalde, no Outón

A Brigada Municipal de Obras, reforzada nesta época do ano co equipo de traballadores/as perceptores/as da Risga, está a realizar un importante traballo de mantemento do mobiliario público e de posta en valor do patrimonio etnográfico municipal.

A veciñanza e os visitantes que se achegaron ao noso concello durante a Semana Santa puideron desfrutar xa de espazos naturais accesibles e acondicionados como as férvedas de Rus e Entrecruces, o conxunto de muíños de Lema ou a Ponte Lubiáns, pero tamén de áreas recreativas totalmente renovadas, como a de Santa Lucía, en Artes, ou a de Outón, en Rus. Ata esta última achegouse hoxe o alcalde, Evencio Ferrero, acompañado polo xefe da Brigada Municipal de Obras, Manuel Mariño, que lle amosou o resultado dos traballos realizados.

A Brigada Municipal de Obras continúa estes días coa posta a punto doutros elementos etnográficos, como fontes e lavadoiros, en distintos puntos do municipio, ao tempo que avanzan as tarefas de limpeza da vexetación en distintos espazos naturais e tamén de mantemento do mobiliario urbano.

Compartir: