DO 24 DE ABRIL AO 12 DE XUÑO
Volve a Primavera en Ruta da asociación Senda Nova con oito itinerarios para percorrer a pé a comarca de Bergantiños
Martes 12 de abril do 2022 Participación veciñal
Imaxe da presentación de Primavera en Ruta 2022
A Primavera en Ruta preparada para saír un ano máis, e xa van 13, ao encontro da aprendizaxe co entorno e os recursos naturais, culturais e paisaxísticos como principal obxectivo. O Espazo da Natureza de Oza recibiu a medio cento de persoas para acoller de xeito especial o inicio dunha nova edición do programa máis antigo e emblemático de Senda Nova, e alí estivo o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales. Tanto este departamento municipal coma Protección Civil veñen colaborando ano tras ano no desenvolvemento do programa de rutas da asociación ambiental carballesa.
AS RUTAS
24 de abril
Ruta 1. O SON DO ANLLÓNS
Distancia aproximada: 21 quilómetros (Carballo, Sísamo, Goiáns, Verdes, Cereo, Corcoesto)
Dificultade media
1 de maio
Ruta 2. CAMIÑOS DE ALDEMUNDE
Distancia aproximada: 7 quilómetros (Rodís, Andoio, Aldemunde)
Dificultade moi baixa
8 de maio
Ruta 3. CORISTANCO HISTÓRICO
Distancia aproximada: 18 quilómetros (Seavia, Ferreira, Couso, Cuns)
Dificultade media
15 de maio
Ruta 4. RUTA DAS MÁMOAS
Distancia aproximada: 14 quilómetros (Nantón, Rioboo)
Dificultade baixa
22 de maio
Ruta 5. A FORZA DO RÍO CHONIA
Distancia aproximada: 20 quilómetros (Monzo, Restande, Benza, Xavestre, Portomeiro)
Dificultade media-baixa
29 de maio
Ruta 6. COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE
Distancia aproximada: 14 quilómetros (Cambre, Cerqueda)
Dificultade baixa
5 de xuño
Ruta 7. TERRAS ALTAS DE SONEIRA
Distancia aproximada: 16 quilómetros (Gándara, Carreira, Mira)
Dificultade media
12 de xuño
Ruta 8. CAMIÑOS DE CAIÓN
Distancia aproximada: 14 quilómetros (Caión, Rebordelos, Noicela)
Dificultade baixa
ASÍ SE FAN AS RUTAS
- Xuntámonos para comer o bocata xuntos e pasar o día. O horario de remate da actividade dependerá das características da ruta e do volume de participación.
- Coñecemos mellor o noso entorno, porque paramos para aprender. Para ofrecer os nosos coñecementos e para escoitar aos que aportan.
- Dende a organización encárganse de recollerte no transporte nos lugares habilitados.
- Camiñamos en grupo.
- Os roteiros foron deseñados para pasar por lugares de interese cultural, natural e paisaxístico, para poñer en valor o noso patrimonio e para escapar do asfalto.
IMPORTANTE
- Debes ser puntual
- Pon calzado e roupa axeitados
- Leva unha mochila con impermeable, navalla, gorra e protección solar.
- Nalgunhas saídas, para un mellor desenvolvemento da actividade, cumprir obxectivo e coidado do entorno, as prazas poden ser limitadas.
- O punto de encontro para a saída dende Carballo será a rúa Venezuela.
INSCRICIÓNS
Base de Protección Civil de Carballo (edificio do ambulatorio vello), na praza Médico Eduardo Mariño.
De luns a venres, de 9:30 a 13:30h.
Data límite de inscripción: ata 2 días antes de cada ruta.
Prezos: non socios/as, 8/6 euros (maiores/menores de idade), e socios/as, 6/4 euros (maiores/menores de idade).