Inicio Carballo ao día Hemeroteca O director xeral de Emerxencias e Interior...

O director xeral de Emerxencias e Interior achegouse ata Carballo para coñecer as necesidades de Protección Civil

Santiago Villanueva mantivo unha xuntanza con Evencio Ferrero na Casa do Concello e visitou as instalacións municipais destinadas ao servizo

Mércores 30 de marzo do 2022 Carballo ao día

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, estivo hoxe en Carballo para coñecer as necesidades do Servizo Municipal e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. A xornada de traballo comezou cunha xuntanza na Alcaldía. Xunto a Evencio Ferrero, o Concello estivo representado polo concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, e a concelleira de Contratación, Milagros Lantes; mentres que por parte da Xunta tamén asistiu o subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas, e pola banda de Protección Civil asistiron José Luis e Juan Barca.

Nesta primeira toma de contacto realizouse unha exposición da situación actual do servizo e das necesidades, fundamentalmente no que respecta ao proxecto de acondicionamento da nave que se utiliza como almacén e garaxe, situada na esquina da avenida da Cristina coa rúa Xasmíns, e na que o Concello de Carballo vén de realizar un investimento de máis de 80.000 euros na renovación da cuberta.

Precisamente ese edificio foi o segundo destino do director xeral, que puido coñecer de primeira man tanto o resultado do investimento realizado como as melloras pendentes. Santiago Villanueva aproveitou a visita para poñer en valor as achegas realizadas pola Xunta de Galicia, que cifrou en 71.500 euros nos últimos anos. A estancia do director xeral en Carballo rematou na base de Protección Civil.



Galería

Compartir: