MEDIO RURAL
Contratada a realización de acondicionamento de 22 camiños do concello
Sábado 7 de outubro do 2006
A mellora do afirmado farase nos camiños rurais de As Pallas - A Pifaina (Artes-Ardaña), Sa Miro - Ponte de Queo (Berdillo-Bértoa), Ponte Queo - Porto da Rama (Bértoa), Os Canedos - As Agras do Vilar (Oza), Pinar da Chousa - Rego do Rapadoiro (Noicela), Rego do Rapadoiro - A Costa (Noicela), Cruceiro de Rebordelos - Agras (Rebordelos), Liñeiro - Leiloio (Cances), Vilariño - depósitos de auga de Cances da Vila (Cances), Pista Polideportiva - Agro de Eira (Xoane), Capela de Vivente - Estrada de Estévez (Ardaña), Alto de Artes - Betrís de Rus (Artes-Rus), Casa de Raña - A Santa Marta (Aldemunde), Medeiro - As Casas Vellas (Sofán), Os Carrís - A Pifaina (Sofán), Os Campos das Leiras - Troián (Sofán), O Picoto - O Cocote (Sofán), Calvos - Caxín (Rus), Cruceiro de Rebordelos - Estrada do Sar (Rebordelos), Betrís - O Montino (Rus), Estrada de Caxín - Montes Bercalde (Rus) e Muiño de Barbalde - Arganosa (Rus). O goberno municipal ten previsto incluir no Plan de Obras e Servicios deste ano máis actuacións neste sentido, como xa fixera o exercicio anterior cunha dotación de 800.000 euros para o acondicionamento de pistas do concello.
Depuradoras
As depuradoras contratadas para os lugares de A Regueira, en Berdillo, e Nogareda, en Rus, darán servizo a unha zona que até agora só contaba coa rede de sumidoiros. A actuación englóbase dentro dun dos obxectivos prioritarios do goberno municipal de cara a ir dotando dun tratamento integral á población de todo o concello.