Inicio Carballo ao día Avisos Consulta pública do anteproxecto do...

Consulta pública do anteproxecto do Regulamento dos servizos bibliotecarios do Concello de Carballo

Mércores 23 de marzo do 2022

Aos efectos previstos no art. 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ("Participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas con rango de Lei e regulamento"), con data 23 de marzo de 2022 sométese a consulta pública o texto do anteproxecto de Regulamento dos servizos bibliotecarios do Concello de Carballo, a través do portal web deste Concello, para que os cidadáns e as organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma poidan realizar cantas aportacións adicionais consideren. Asimesmo, poderá tamén recibirse a opinión das organizacións ou asociacións recoñecidas por lei que agrupen ou representen ás persoas cuxos dereitos ou intereses lexítimos se viran afectados pola norma e cuxos fines garden relación directa co seu obxecto.

O período de consultas estará aberto durante 15 días hábiles, dende o 24 de marzo ata o 13 de abril de 2022. 
Durante ese prazo, as persoas interesadas poderán consultar o borrador, que pode descargarse máis abaixo e tamén no portal de transparencia do Concello de Carballo, e presentar as suxestións que consideren. Rematado o período de consultas, e despois da revisión das mesmas por parte da unidade administrativa correspondente, a proposta de Regulamento do Mercado Municipal será sometida a aprobación.

Descargas

Compartir: