Charlas informativas sobre a avespa velutina abertas a toda a cidadanía
Venres 18 de marzo do 2022
Xa está en marcha a campaña anual de trampeo da avespa velutina, e nesta ocasión, dentro do programa de educación ambiental Catro Estacións, realizaranse formacións específicas en cinco puntos do concello, coa finalidade de achegar ao maior número de persoas posibles nocións básicas sobre o comportamento da avespa velutina, a fabricación de trampas caseiras ou a prevención de picaduras, entre outros aspectos. Nas charlas, que están abertas a toda a cidadanía, participarán apicultores e persoal do Servizo Municipal de Control de Pragas.