Inicio Carballo ao día Hemeroteca Recomendacións para axudar á...

Recomendacións para axudar á poboación ucraína de xeito eficaz

Descarga aquí o comunicado conxunto da Fegamp, Xunta de Galicia, Coordinadora Galega de ONGD, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e ONGDs humanitarias

Xoves 10 de marzo do 2022 Benestar

Imaxe da concentración do mércores 9 de marzo

Imaxe da concentración do mércores 9 de marzo

Na ligazón inferior podes descargar o comunicado conxunto da Fegamp, Xunta de Galicia, Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, EDUCO, Entreculturas, ACNUR, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz y el Desarme y la Libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, coas recomendacións para axudar á poboación Ucraína de forma eficaz.

O Concello de Carballo, que está a traballar de forma coordinada coa Fegamp, convocou o día 9 unha concentración silenciosa de 5 minutos en solidariedade co pobo ucraíno e contra a invasión do seu país por parte de Rusia. "Non hai ningún fin que xustifique unha guerra", dixo a alcaldesa en funcións, Milagros Lantes, ao remate do acto.

Por outra banda, o BOE publicou o 10 de marzo a orde que desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-3715

Descargas

Compartir: