Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello oferta un programa cultural dirixido...

CULTURA

O Concello oferta un programa cultural dirixido aos centros de escolares de Carballo

Xoves 5 de outubro do 2006

O programa presentado este xoves é o correspondente ao primeiro trimestre do curso escolar e inclúe tres propostas centradas na música, no teatro e na divulgacións científica. Os días 9, 10 e 11 de outubro, coincidindo co mes do teatro, o Pazo da Cultura acollerá a representación teatral A cabana de babaiagá, a cargo do Centro Dramático Galego, dirixida aos alumnos de Educación Primaria. Serán en total seis representacións, ás 10,00 e 12,00 horas cada un dos días. Coincidindo tamén co mes da música, o Grupo de metais Santa Cecilia ofrecerá un concerto didáctico o 22 de novembro no Pazo da Cultura, dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria. Haberá dúas sesións, ás 10,00 e ás 12,00 horas. O programa pecharase coincidindo coa celebración da semana da ciencia. Así, do 22 de novembro ao 8 de decembro, o Pazo da Cultura acollerá a exposiciónO mundo na túa cabeza ¿Estás seguro do que ves?, para todos os públicos e centros de educación da comarca de Bergantiños a partir de 9 anos. Ademáis, o 21 de novembro, ás 10,30 e 12,00 horas, representarase tamén no Pazo da Cultura a obra teatral Silencio, cerebro, acción, para alumnos de 9 a 11 anos.

A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, signficou na presentación que "a cultura no é só espectáculo, senón educación en valores. Serve para transmitir coñecemento e estes valores favorecen o desenvolvemento tanto dos rapaces e rapazas como das persoas". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, referiuse á exposición científica e á nova sala que a punto está de abrirse no Pazo da Cultura para "poder disfrutar na comarca destes recursos didácticos, que antes obrigaban a facer desprazamentos aos estudiantes, sobre todo a Coruña".

O Concello de Carballo manifesta así o seu compromiso coa educación dos cidadáns en valores como o desenvolvemento da sensibilidade, a aprendizaxe da tolerancia e da convivencia, a conciencia das necesidades alleas, a aproximación a diversos aspectos da nosa e doutras culturas, o coñecemento do noso contorno, o goce co teatro e coa música ou o descubremento de novas formas de comunicación.

Compartir: