O Concello de Carballo súmase ao loito oficial polas vítimas do naufraxio do pesqueiro "Villa de Pintanxo"
Xoves 17 de febreiro do 2022
O Concello de Carballo sumouse ao loito oficial en Galicia para manifestar o sentimento de solidariedade do noso pobo por mor do naufraxio do buque pesqueiro Villa de Pitanxo. Durante a vixencia da declaración de loito, dende as 00.00 horas do día 16 ata as 24.00 horas do 18 de febreiro, as bandeiras da Casa do Concello ondearán a media asta.