Inicio de expediente de aprobación da modificación de disposición de carácter xeral regulamentaria: Ordenanza Fiscal nº 5, reguladora do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana
Mércores 16 de febreiro do 2022
Visto o texto do proxecto de modificación da Ordenanza Fiscal nº 5, reguladora do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, procede acordar o inicio do expediente de aprobación da Ordenanza e da exposición previa da mesma.
En virtude do sinalado no artigo 133.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das AA.PP., con carácter previo á aprobación do regulamento, deberase publicar o texto da normativa proposta no portal web do Concello, a efectos de dar audiencia aos cidadáns afectados e recabar cantas aportacións adicionais poidan se realizar.
Por tal motivo, polo medio da presente providencia, ordéase a inserción do Texto do proxecto na web municipal, e a súa exposición pública aos efectos do previsto no art. 133 da Lei 39/2015, por un prazo de DEZ DÍAS NATURAIS, durante os cales os interesados poderán examinar o borrador do proxecto, e remitir cantas aportacións ou suxerencias estimen oportunas. As mesmas deberán ser remitidas por medio de correo electrónica ao enderezo electrónico infocarballo@carballo.gal.
Rematado o prazo de exposición pública, as aportacións e suxerencias recibidas incorporaránse ao expediente para continuar a súa tramitación conforme ás previsións contidas nos artigos 15 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.