LITORAL
O Concello entregará este mes a Augas de Galicia o proxecto de seneamento en Razo
Xoves 5 de outubro do 2006
O proxecto de saneamento en Razo segue en plena fase de tramitación e rondará a cifra do millón de euros. A xuntanza prolongouse por espazo de case unha hora e serviu para valorar o anteproxecto presentado polo Concello no seu momento. Éste verase sometido a unha serie de modificacións seguindo as recomendacións de Augas de Galicia. A impresión da xuntaza foi altamente satisfactoria, segundo o rexedor local.