MEDIO AMBIENTE
O Proxecto Ríos continúa a súa Campaña de Outono cunha presentación no Concello
Mércores 4 de outubro do 2006
O Proxecto Ríos e unha iniciativa de ADEGA que pretende contribuir a búsqueda de solucións aos problemas ligados os ecosistemas fluviais e a incrementar a conciencia ambiental sobre eles, partindo do principio da participación da cidadanía. A proposta de traballo do Proxecto Ríos baséase na inspección das condicións ecolóxicas dos ríos, realizada por voluntarios locais responsábeis da vixilancia e protección do treito do río que seleccionan. Para a realización da inspección aos participantes se lles entrega un material totalmente gratuíto que facilitará o estudo do ecosistema fluvial.
As inspeccións desenvólvense en dúas campañas: a campaña de Primavera, do 15 de abril ao 1 de xuño, e a campaña de Outono, do 15 de setembro ao 1 de novembro. Neste ano, a firma do convenio coas Direccións Xerais de Xuventude e Solidariedade (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) e Desenvolvemento Sostible (Consellería de Medio Ambiente), supuxo a consolidación do proxecto, e a elaboración dun programa estable de actividades máis aló das dúas campañas, como foron os Cursos de formación de Voluntariado do Proxecto Ríos, o Encontro Itinerante Interríos, os II Encontros de Voluntariado, a celebración o día 23 de Setembro do día do Río, así como a realización de charlas informativas en tódolos concellos que o solicitaron.