En marcha as obras de pavimentación de máis de 40 quilómetros de vías de nove parroquias
A empresa Arias Infraestructuras continúa traballando na zona urbana e Vázquez y Reino empezou en Artes
Xoves 27 de xaneiro do 2022 Carballo ao día
Luis Lamas achegouse pola mañá ata O Cadavoso (Artes)
O concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, realizou un percorrido polo territorio para facer un seguimento das obras de mellora viaria que están en marcha nestes momentos. As boas condicións meteorolóxicas permitiron iniciar dous proxectos de pavimentación de vías, tanto no ámbito urbano coma no rural, que son executados polas empresas Arias Infraestructuras e Vázquez y Reino.
En total pavimentaranse máis de 40 quilómetros de pistas e rúas. Estas son as actuacións programadas:
Contrato vías urbanas
- Empresa adxudicataria: Arias Infraestructuras
- Ámbito de actuación: parroquias de Carballo e Bértoa
- Tipo de vías: urbanas
- Tipo de actuación: limpeza de gabias e pavimentación con aglomerado ou asfalto con rego simple, dobre ou triplo, segundo a vía, así coma, nalgúns casos, ampliación da superficie de rodaxe.
- Lonxitude: 12.195 metros
- Investimento: 202.902 euros
- Vías: Juan Montes, Faustino Santalices, L'Isle Jourdain, Fernando Camarot, Manuel de Falla, Faustino del Río, Xosé Manuel Eirís, Orquídea, Xeranios, Enrique Labarta Pose, Otero Pedrayo, Antón Fraguas, Bolivia (na imaxe de hoxe), Reveriano Soutullo, Nardos, Pensamentos, Carré Aldao, Rosas, Caravel, Andrés Gaos, Escultor Asorey, Alfonso X O Sabio, Médico Justo Martínez, Ricardo Portela e Doutor Fleming.
Contrato vías rurais
- Empresa adxudicataria: Vázquez y Reino
- Ámbito de actuación: parroquias de Ardaña, Sofán, Razo, Carbalo, Bértoa, Lema, Rus, Artes e Berdillo
- Tipo de vías: pistas e rúas en núcleos rurais
- Tipo de actuación: limpeza de gabias e asfalto con rego simple, dobre ou triplo, segundo o uso das vías
- Lonxitude: 29.610 metros
- Investimento: 463.791 euros
- Vías: Vivente (Ardaña), Calvelo de Arriba (Sofán), A Fronteira-Calvelo (Sofán), Rúa Neptuno (Razo), A Barreira-Cernide (Carballo), O Sisto (Carballo), Leboreo (Bértoa), As Regueiras (Lema), Guntián-As Bouzas (Sofán), O Seixo-Pardiñas (Razo e Lema), Cambrelle-Pardiñas (Razo e Lema), Porto Lago (Bértoa), Caxín (Rus), O Espiño-Berdillo (Berdillo), Calvelo-Cornaces (Sofán e Rus), Altiboa-Barbalde (Artes e Rus), Cáparos-San Sadurniño (Rus) e Cadavoso (Artes), onde están traballando agora mesmo.
Obras de pavimentación da rúa Bolivia