Nova sinalización das rúas Río Ulla e Río Eume para seguir avanzando na ordenación do tráfico na zona do Igrexario
Luns 24 de xaneiro do 2022 Carballo ao día
Rúa Río Ulla
Dentro das actuacións encamiñadas a mellorar o tráfico na zona urbana, a Concellaría de Mobilidade vén de acometer a sinalización horizontal e vertical das rúas Río Ulla e Río Eume, que se suman á rede de rúas de dirección única existente na zona do Igrexario dende hai xa varios anos.
Rúa Río Eume
Ademais de ordenar a circulación rodada, o Concello de Carballo tamén está a traballar na mellora da accesibilidade e da seguridade peonil con actuación como as recentes obras de eliminación de barreiras arquitectónicas que se levaron a cabo nas beirarrúas de todo ese ámbito, entre outros da zona urbana.
Nese sentido tamén se vén de dar resposta á vella e reiterada solicitude de eliminación dunha importante barreira situada na rúa Vázquez de Parga, xunto á farmacia e ás antigas vivendas dos mestres, aproveitando as obras da última senda do proxecto Cicl-Ando Carballo, que están en execución nestes momentos.