Consulta pública do anteproxecto do regulamento do Mercado Municipal de Carballo
Venres 21 de xaneiro do 2022
Aos efectos previstos no art. 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ("Participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas con rango de Lei e regulamento"), con data 21 de xaneiro de 2022 sométese a consulta pública o texto do anteproxecto de regulamento do mercado municipal de abastos, a través do portal web deste Concello, para que os cidadáns e as organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma poidan realizar cantas aportacións adicionais consideren. Asimesmo, poderá tamén recibirse a opinión das organizacións ou asociacións recoñecidas por lei que agrupen ou representen ás persoas cuxos dereitos ou intereses lexítimos se viran afectados pola norma e cuxos fines garden relación directa co seu obxecto.
O período de consultas estará aberto durante 15 días hábiles, dende o 24 de xaneiro ata o 11 de febreiro de 2022. Durante ese prazo, as persoas interesadas poderán consultar o borrador, que pode descargarse máis abaixo e tamén no portal de transparencia do Concello de Carballo, e presentar as suxestións que consideren. Rematado o período de consultas, e despois da revisión das mesmas por parte da unidade administrativa correspondente, a proposta de Regulamento do Mercado Municipal será sometida a aprobación.