A poboación do noso concello aumentou en 2.917 persoas nos últimos vinte anos
A cifra oficial de habitantes a 1 de xaneiro de 2021 é de 31.414, quince menos que un ano antes
Xoves 20 de xaneiro do 2022 Carballo ao día
O municipio de Carballo ten 31.414 habitantes, segundo a cifra oficial de poboación a 1 de xaneiro do ano 2021, que vén de publicar o Instituto Nacional de Estatística (INE). Son 15 menos que o ano anterior, pero 2.917 máis que no 2001 e 108 máis que no 2011. Nestes últimos dez anos, o noso concello consolidou a súa poboación por riba dos 31.000 habitantes, aínda que con oscilacións dun ano a outro. A cifra máis baixa rexistrouse no 2017, con 31.195 veciñas e veciños, e a máis alta, no 2020, con 31.429.
Por segundo ano consecutivo, a parroquia de San Xoán Bautista supera os 20.000 habitantes e continúa sendo a máis poboada de Galicia. Ten, en concreto, 20.095, que son vinte máis que o ano anterior. Estas son as cifras do resto das parroquias:
- Aldemunde: 84
- Ardaña: 600
- Artes: 594
- Berdillo: 989
- Bértoa: 1.563
- Cances: 540
- Entrecruces: 745
- Goiáns: 420
- Lema: 435
- Noicela: 395
- Oza: 574
- Razo: 809
- Rebordelos: 205
- Rus: 999
- Sísamo: 758
- Sofán: 1.419
- Vilela: 190