Inicio Carballo ao día Avisos Información pública do proxecto...

Información pública do proxecto “Realización dun by-pass no río Anllóns na zona do Muíño do Quinto" e anexo de expropiacións

Martes 18 de xaneiro do 2022

O Concello de Carballo somete a información pública o proxecto da obra “Realización dun by-pass no río Anllóns na zona do Muíño do Quinto" e o anexo de expropiacións, por un prazo de 20 días, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que estimen convenientes, co fin de rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación.

A relación de bens e dereitos afectados que se inclúe no anexo de expropiacións pode consultarse na ligazón inferior.

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica municipal en horario de 10.00 h ás 13.00 h e pinchando aquí (punto 7 - Outros)

Ligazóns

Compartir: