MULLER
O Pazo da Cultura acolle a celebración do Curso de Atención á Infancia
Martes 3 de outubro do 2006
As mulleres participantes do curso podn solicitar axudas para o desprazamento, no caso de atoparse a máis de tres quilómetros do concello, ademáis de ter servizo de canguraxe para poder acudir ao mesmo. O curso é homologado e consta dos módulos de psicoloxía infantil, organización de actividades de ocio e tempo libre, asistencia en comedor, sanidade, alimentación e hixiene, prevención de riscos laborais, igualdade de oportunidades e orientación profesional.