Inicio Carballo ao día Hemeroteca A COVID-19 obriga a cancelar dúas das...

A COVID-19 obriga a cancelar dúas das catro propostas do Nadal Pequespectacular

Luns 27 de decembro do 2021 Cultura

A sexta onda da COVID-19 está a facer estragos tamén na programación cultural do Nadal. Hoxe dúas das compañías que figuraban no cartel do Nadal Pequespectacular comunicaron á Concellaría de Cultura a imposibilidade de realizar as actuacións tras terse detectado casos de coronavirus entre os seus integrantes. Deste xeito, tanto o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, previsto para o mércores, coma o espectáculo teatral "Orfeo", da compañía La Canica, programado para o xoves, quedan cancelados.

As devolucións das entradas faranse efectivas nos vindeiros días. Grazas pola vosa colaboración e desculpade as molestias.

Tanto a actuación do mago Dani Polo, programada para hoxe luns, coma o espectáculo "Pinocchio", de Ghazafelhos, que terá lugar mañá martes, seguen en pé. Podedes retirar as entradas de xeito anticipado en www.ataquilla.com ou o mesmo día do espectáculo na billeteira do Pazo da Cultura.

Compartir: